Deporte

O Club BTT de Verín organiza a V edición da carreira do Lázaro por GPS

VERIN. 20/05/2018 Salida prueba BTT.  Foto: Miguel Angel
photo_camera Imagen de archivo en Verín. (Foto: Miguel Ángel).
Debido á situación sanitaria, este ano a carreira celebrarase por GPS, dende o 20 de marzo ao 4 de abril

O club BTT de Verín organiza, en colaboración co Concello, a V edición da carreira do Lázaro, esta vez por GPS. As persoas interesadas en participar poderán completar o percorrido entre o 20 de marzo e o 4 de abril.

Para realizar a inscrición, que ten un custo de 5 euros, será necesario descargar a aplicación de Saudeter -empresa colaboradora- para seguir una serie de pasos e ter dispoñibles todas as opcións.

A través de dita aplicación pode verse o trazado da ruta para coñecer o lugar polo que transcurrirá a carreira, ademais de ofrecer a posibilidade de adestrar antes da carreira seguindo as recomendacións da aplicación.

Para participar na carreira, deberase iniciar na aplicación o "participar en la carrera" para que dende o punto de saída se siga o traxecto do participante. Para iso é preciso que a aplicación estea sempre en funcionamento ata chegar á meta. 

Así, a través da aplicación controlaranse os tempos e, se a marca de GPS trazou ben o percorrido, aparecerán os resultados en "clasificación en vivo" ao momento.

Covid-19

En canto ao protocolo polo coronavirus para a carreira é necesario lembrar que poderán realizar a proba conxuntamente un máximo de catro persoas non convivintes, e sempre con máscara.

Te puede interesar