Coidados da vide no CDR Portas Abertas de Verín

itinerarios integrados Portas Abertas verín
photo_camera A formación componse de parte teórica e práctica.
Os Itinerarios Integrados de Portas Abertas son formacións que están dispoñibles para calquera persoa

O CDR Portas Abertas da comarca de Monterrei, entre as súa multitude de actividades, desenvolve o programa "Itinerarios Integrados contra a Despoboación", a través do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES), cofinanciado polo Fondo Social Europeo. Este programa divídese en fases de 4 meses nas que se desenrolan diferentes actividades.

Itinerarios Integrados xa se atopa na terceira fase -comezou en xaneiro do 2020 e vai ata xuño do 2023-, baixo o nome de "Coidados da vide". Nesta iniciativa, a través de orientación, acompañamento e formación, as persoas que forman parte do programa aprenden sobre os coidados da vide, volcados nesta época na poda. 

A través dos coñecementos de Nelson Fernández, enxeñeiro técnico agrícola, son 13 persoas as que se integran nesta formación sobre a vide. O perfil dos alumnos é moi variado, dende os 25 anos ata os 58, con persoas que xa tiñan coñecementos agrícolas e queren aumentalos, ata emprendedores  e incluso persoas doutros sectores totalmente opostos que desexan aumentar a súa formación en diferentes ámbitos.

"Temos xente autóctona, doutros países e parece sorprendente pero hai equilibro entre mulleres e homes", declara Lucía Aparicio, orientadora e psicóloga do CDR Portas Abertas que xestiona este programa.


itinerarios integrados Portas Abertas verínOs compoñentes do Itinerario desenvolvendo labores de poda nunha viña en Verín. 

Lucía Aparicio é a encargada de intermediar entre as empresas e as persoas que están formándose, para así, a través da orientación laboral -fase clave nos Itinerarios Integrados- intentar obter emprego para estes. "No anterior itinerario que foi de ofimática a metade saíron con traballo, e co tempo outros moitos atopárono, polo que estas formacións teñen resultados", asegura Aparicio.

No mes de abril será o turno da enxerta, dentro deste mesmo programa de coidados da vide, e en maio sairá unha nova convocatoria da 4 fase de Itinerarios integrados, baixo o nome de "Agricultura ecolóxica para o emprendemento", formación a que poderá inscribirse calquera persoa interesada en formarse nestes termos. 

Importancia da orientación laboral

Lucía Aparicio asegura que a orientación laboral é un proceso de acompañamento e desenvolvemento clave na formación das persoas que chaman a Portas Abertas, "ademais, pode facerse en calquera momento da vida", engade.

Para levar a cabo o proceso de orientación, Aparicio fai unha análise de empregabilidade e un diagnóstico que permita deseñar entre a persoa participante e a orientadora un plan de mellora, sempre adaptado as súas necesidades, tempos e obxectivos.

Te puede interesar