MAIOS 2018

Sete colectivos exhibirán os seus maios na Alameda de Verín

somoza_result
photo_camera As concelleiras Emilia Somoza e Purificación Caldelas, na presentación da programación do día 1 de maio.

A III Feira Solidaria, unha andaina e o paseo en bicicleta completan os actos

O vindeiro martes día 1 de maio, como xa vén sendo habitual dende hai cáseque 40 anos, a praza da Alameda de Verín acollerá a tradicional Festa dos Maios, que estará complementada coa celebración da terceira edición da Feira Solidaria, unha andaina ás dez da mañá e un paseo familiar en bicicleta pola tarde, dende las 17 horas. 

Desde as 11,00 horas, e até o mediodía, está prevista a exhibición dos maios tradicionais e artísticos confeccionados polo Colexio Privado Plurilingüe María Inmaculada, o Colexio Apostólico Mercedario, o CEIP Princesa de España, o CEIP Amaro Refojo e o CRA Monterrei; e pola Asociación de Mulleres Rurais Flor da Xesta e, como xa vén sendo habitual neste certame en lembranza da persoa que recuperou a tradición dos Maios en Verín, da Asociación Verinense de Amigos da Música. Aos centros de ensino que teñen alumnado de educación infantil e primaria ofrecéuselle este ano a posibilidade de que presenten, ademais de un maio tradicional ou artístico, outro maio feito específicamente por alumnado de educación infantil. Agárdase a que algún dos centros convidados presente unha composición con materiais de refugallo.

Cara as doce será a hora da música. Primeiro a banda do Conservatorio, e máis tarde a de gaitas, amenizarán grande parte da mañá, mentras se xoga á chave.


COPLAS A UN EURO


Desde as 11,00 horas da mañá estarán á venda as coplas do Certame Enrique Gómez Pato, editadas polo Concello de Verín. O exemplar venderase a 1 euro. O diñeiro recadado coa venda de 500 exemplares destinaranse ao financiamento de programas de asistencia social da Cruz Vermella na nosa comarca. E dende ás 10,00 horas e ata as 20,00 horas, permanecerán abertos os postos da Feira Solidaria.

Te puede interesar