ENTROIDO

O colexio María Inmaculada deseñou o cartel do Entroido infantil de Verín

O colexio recibirá un vale de 400 euros para material escolar e deportivo, que terá que ser adquirido en establecementos da vila de Verín

O alumnado do Colexio María Inmaculada de Verín foi o responsable de deseñar o cartel oficial do desfile infantil da vila do 2019, no que os nenos  da contorna serán os protagonistas. Os cativos percorrerán, durante a mañá do xoves de Comadres, as rúas e prazas da localidade. cartel_verin_result

Nesta ocasión, o centro verinés encabezará a comitiva, polo que os representantes dos distintos colexios participantes decidiron, por unanimidade, que foran eles mesmos os que realizaran a proposta que os incluirá a todos. 

O centro presentou tres carteis e o vencedor foi escollido nunha votación feita por representantes de garderías, colexios de A Mezquita, Castrelo e Monterrei, entroutros. Neste senso, o colexio recibirá un vale de 400 euros para material escolar e deportivo, que terá que ser adquirido en establecementos da vila de Verín.

Te puede interesar