A comarca de Monterrei acolle unha formación de teletraballo e economía social

 Un hombre teletrabaja con un ordenador portátil desde el salón de su casa.
photo_camera Un home teletraballa cun ordenador portátil.
O curso, a través da Mancomunidade de Monterrei, é gratuíto e prolongarase ata o 7 de outubro

A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Monterrei iniciou este luns a actividade “Prepárate para teletraballar na Economía Social: Xestionar eficientemente”, o primeiro curso online sobre economía sostible que se celebra na comarca, co obxectivo de agrupar todas as accións que se desenvolven para promover este tipo de economía e o cooperativismo no territorio. 

A cita, gratuíta, prolongarase ata o 7 de outubro e está destinada para socios e traballadores das entidades de economía social, desempregados, emprendedores e outros interesados, dando prioridade ás mulleres e persoas en risco de exclusión da comarca de Monterrei. 

A formación versará sobre a xestión do teletraballo colaborativo, a optimización dos custes, a contabilidade para os non contables e como reflotar unha entidade en crise. A través destas temáticas, o curso busca capacitar aos participantes para traballar en remoto, mellorar a empregabilidade das persoas e axudar a desempregados para acceder a postos de traballo. Ademais, “Prepárate para teletraballar” quere facilitarlle ás empresas locais o feito de ser máis competitivas, “grazas a contar con persoal máis cualificado, que coñeza as metodoloxías máis innovadoras”, sinalan dende a organización.

Te puede interesar