A comarca de Monterrei, A Gudiña e A Mezquita, elixidas para dinamizar o territorio

A inversión será de 140.000 euros

O Consello da Xunta de Galicia autorizou onte a sinatura dun acordo para a elaboración dun plan estratéxico de actuación integral que afecta a toda a comarca de Monterrei e aos concellos de A Gudiña e A Mezquita, cuxo obxectivo é facer unha actuación integral de recuperación, dinamización e valorización territorial desta área. 

Trátase do primeiro proxecto piloto no marco da Lei de recuperación de terra agraria de Galicia e está presupostado en 140.000 euros. Será a Fundación Juana de Vega a encargada de establecer unha folla de ruta que permita a este territorio mellorar a súa resiliencia fronte aos lumes ao tempo que se fixa poboación no territorio e se fomenta a súa dinamización turística.

Estes tres eixes de actuación fan precisa a implicación e coordinación de diferentes administracións públicas, que se materializa nun convenio de colaboración entre Vicepresidencia Primeira da Xunta, a Consellería de Medio Rural, a Deputación de Ourense e os dez concellos deste territorio.

Te puede interesar