8M 2022 | A comarca de Monterrei únese polo Día da Muller: campañas e actividades

210304 8m_paneis _resultado
photo_camera Paneis do 8M de 2021 polas rúas de Verín.
Todos os concellos da comarca programan citas para reivindicar o 8M, Día Internacional da Muller

A comarca de Monterrei une esforzos para reivindicar o Día Internacional da Muller, o 8 de marzo. Con epicentro en Verín, todos os concellos da Mancomunidade de Monterrei marcharán pola muller e unha sociedade en igualdade. Este mércores, ás 12,00 horas celebrarase unha marcha que arrinca dende a praza do Concello de Verín ata a praza García Barbón. 

Tras finalizar a marcha, mulleres voluntarias lerán o manifesto polo 8M e os cativos do CEIP Amaro Refojo realizarán unha performance pola igualdade. Ademais, tamén se repartirá entre os nenos material de sensibilización para o fomento da corresponsabilidade e o reparto do traballo doméstico no fogar. O CIM daralle aos nenos e nenas un total de 200 mandiles "para os seus papas": "O mandil do papá", achegando unha mensaxe indirecta a todos os papás da comarca para que comecen a empregar o mandil e desenvolver os coidados que as mulleres precisan. . 

Os actos están organizados polo Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade, en colaboración Femuro, Portas Abertas e Cruz Vermella. Con isto, as entidades sociais pretenden "dinamizar un debate sobre o abolicionimso e a prostitución como unha forma de violencia de xénero", explican.

"Coa campaña queremos buscar a igualdade nos coidados, como por exemplo os coidados dos nenos e nenas así como dos maiores. É un tempo de dedicación que non se chega a valorar e que implica que a muller teña menos horas de lecer que o home, sobrecarga emocional e duplicar o traballo dentro e fora do fogar, duplicar a xornada laboral", destacan dende o CIM. 

Outras campañas

Pola súa parte, en Femuro traballan na campaña "Quen dixo Nadie?" coa que visibilizan a mulleres deportistas. No CDR Portas Abertas están inmersos en actividades dentro do programa ELAS, para fomentar a igualdade e unha campaña en redes sobre mulleres que abriron o camiño.

O CIM da Mancomunidade traballará nas próximas datas na campaña de sensibilización "Imos a medias?" e o día 11 de marzo, ás 17,00 horas, presentarase na Casa da Cultura de Verín o documental "Faro Violeta" sobre a prostitución e trata.

Riós

O Concello de Riós, que pertence a comarca de Monterrei pero está vinculado á Mancomunidade de Conso-Frieiras tamén programa actividades para este 8M. A través do seu CIM e baixo o lema "Protexámonos da desiguladade", organízanse obradoiros de decoración de paraugas.

As citas serán o día 8 de maro na Reitoral da Chaira ás 16,00 horas e no baixo do edificio multiusos de Riós ás 18,30 horas. Xa o día 9, mércores, volverase a repetir a sesión no edificio multiusos do Riós ás 11,30 horas e ás 16,00 horas no local social de Castrelo de Cima. Para finalizar, o xoves, ás 18,30 horas, realizarase o taller no local social de Progo.

Te puede interesar