MONTERREI

O comedor social de Verín recibiu aos primeiros usuarios

A iniciativa diríxese a persoas maiores de 50 anos, que padezan algún tipo de discapacidade ou sexan xubilados

O Centro de día A Raiola de Verín puxo en marcha este luns o seu comedor social coa presenza dos primeiros usuarios do servizo. Grazas a esta iniciativa, coa que tamén colabora o Concello, persoas maiores de 50 anos que padezan algún tipo de discapacidade e xubilados, poderán acceder a un menú composto de primeiro, segundo plato, bebida e postre por un módico prezo de seis euros. 

Os usuarios do comedor social, que non terán a obriga de ser do propio centro, compartirán mesa cos maiores de A Raiola. Terán que inscribirse, eso si, nas propias instalacións do centro, ademais de ser da localidade de Verín. Do mesmo xeito, a dirección de A Raiola tamén promoveu un servizo de lavandería a prezos económicos.

A responsable de A Raiola e profesional da enfermería, Chelo Ferreiro, asegurou que xa hai catro persoas anotadas, ás que se lle elaborará un menú diario atendendo ás súas patoloxías, así como ás intolerancias a certos alimentos que poidan presentar.n 

Te puede interesar