Os comerciantes e o Concello de Verín activan unha campaña lúdica para os nenos

A campaña Ludonadal acaba de comenzar grazas a un convenio de colaboración asinado polo Concello de Verín e a Asociación de Empresarios de Verín (AEVER).
Este proxecto, dirixido a nenos con idades comprendidas entre os 3 e 7 anos, busca incentivar a promoción económica do comerco tradicional en Verín, proporcionar aos neno/as un espacio de lecer durantes as vacacións, e facilitar a conciliación do tempo libre dos pais coa ocupación dos seus cativos.

Para poder acceder a devandita actividade será necesario entregar un vale, selado pola empresa correspondente, xunto co ticket comprobativo da compra, á hora de recoller ao menor e que xustifique a realización de compras nalgún dos establecementos integrados en AEVER (sen existir límite mínimo para a compra). Ludonadal , desenvolvido no E.I. Amaro Refojo (nenos/as de 3, 4 e 5 anos) e na Casa da Xuventude (6 e 7 anos), realizarase durante as seguintes datas:Decembro (20, 22, 23, 24 -só mañá-, 26, 27, 29, 30 e 31 -só mañá-): de 10 a 13.30 horas e de 16.30 a 20.00 horas; xaneiro (2, 3 e 5): de 10 a 13.30 horas e de 16.30 a 20.00 horas.

Diversas actividades Entre as actividades nas que poderán participar os nenos atópanse: talleres de reciclaxe, globoflexia, papiroflexia, xogos en computador, animación á lectura, malabares ou contacontos, entre outros. Ademais, o día 26 de decembro gozarán coa chegada do Carteiro Real -con karaoke infantil e chocolatada con doces; o día 27, coa actuación do mago Peter Punk e o 3 de xaneiro coa do grupo Mamá Cabra .

As inscripcións para os participantes, 70 como máximo, serán por orde de chegada.

Te puede interesar