O Concello de Castrelo dispón de 1 millón de euros para 2021

Concello de Castrelo do Val
photo_camera Concello de Castrelo do Val. (Foto: Concha Caneiro)
Entre as obras que levará a cabo o Concello de Castrelo do Val atópase o cambio de luminarias dos seus núcleos de poboación

O Concello de Castrelo do Val aprobou 1.056.000 euros de presuposto para o presente exercicio. Dentro desta cantidade, 95.003,69 euros están destinados a investimentos. Parte deste estará adicado á continuación do cambio de luminarias no termo municipal, que comezou o pasado decembro.

O presuposto para levar a cabo a reforma parcial do alumeado público nos núcleos de Campobecerros, Fontefría, Gondulfes e Pepín foi de 150.731,60 euros, dos cales, case 130 mil foron achegados polo Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE). 

Este proxecto ten por obxectivo favorecer o paso a unha economía baixa en carbono e o reemprazo de todo o alumeado por luminarias máis eficientes en termos de enerxía, no marco dun programa europeo. 

Te puede interesar