O Concello de Monterrei redactará un Plan Xeral

monterrei2
photo_camera José Luis Suárez e Ángeles Vázquez asinaron o convenio de colaboración necesario.
O municipio réxese por normas subsidiarias aprobadas no ano 1989

O Concello de Monterrei contará cun Plan Xeral de Ordenación Municipal que virá a substituir as normas básicas polas que se rexe o municipio dende o ano 1989. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Monterrei, José Luís Suárez Martínez, asinaron este martes o convenio de colaboración para o financiamento do documento. O obxectivo é que, antes de que finalice a actual lexislatura, Monterrei poida contar cun planeamento adaptado á actual lexislación. 

O custo total da elaboración do plan ascenderá aos 90.000 euros, cantidade que a Xunta de Galicia financiará de xeito íntegro. Do mesmo xeito, a administración autonómica tamén lle brindou ao Concello colaboración a nivel técnica da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo  en todas as fases que debe iniciar agora o Concello, e que pasan por contratar a redacción ou someter dita proposta a avaliación ambiental, entre outras. 
Segundo sinalaron dende a propia Consellería, a Xunta quere apoiar a Monterrei neste obxectivo que comparte de contar cun plan actualizado e con seguridade xurídica para posibilitar o desenvolvemento sostible deste concello. 

O custo total da elaboración do plan ascenderá aos 90.000 euros, que a Xunta de Galicia financiará de xeito íntegro

O número de concellos galegos que conta, actualmente, con planeamento vixente, sitúase en 105. Ángeles Vázquez trasladoulle a Suárez o esforzo realizado nos últimos anos neste senso.

Te puede interesar