OBRAS

O Concello de Verín prevé instalar parques biosaudables en todas as aldeas

Nos vindeiros orzamentos do 2018, que xa están en fase de preparación, as xentes das aldeas terán un relevante protagonismo”

O Concello de Verín acaba de culminar as obras de acondicionaminento dun novo parque biosaudable situado na rúa da Igrexa da localidade de Queirugás. Cun investimento total de 9.186,49 euros, este proxecto foi cofinanciado nun 49% (4.501,38 euros) pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), a través dos fondos Feader do programa de desenvolvemento rural de galicia 2014-2020.

Dita actuación consistiu na adquisición e instalación de 4 unidades de aparellos biosaudables para a práctica do exercicio físico (cintura, esquí, roda e banco con pedais) e a implementación de mobiliario urbano (dous bancos e unha papeleira).

O tenente de alcalde de Verín, Diego Lourenzo, que visitou no día de onte o recentemente inaugurado parque biosaudable, quixo destacar a “importancia de dotar a todas as parroquias do municipio deste tipo de instalacións como alternativa de lecer. Nos vindeiros orzamentos do 2018, que xa están en fase de preparación, as xentes das aldeas terán un relevante protagonismo”.

Te puede interesar