FOTONOTICIA

Verín traballa na renovación da praza da Alameda

Obras Alameda Verín
photo_camera Os obreiros traballan nas obras da Alameda. (Foto: Concha Caneiro).
O Concello de Verín segue coa tarefa de rehumanización da vila. Onte atopábanse operarios traballando na continuación do acondicionamento do entorno da praza da Alameda. Esta obra concreta no parque consiste en restaurar a zona con un muro novo para, así, darlle un aire máis renovado. Esta actuación de rehumanización, un dos proxectos máis ambiciosos do goberno local, tenta reordenar a vila do Támega e outorgarlle prioridade aos peatóns fronte aos vehículos. 

Te puede interesar