O Concello de Verín convoca o Certame para celebrar o Día das Letras Galegas

Verín gALA MUSICO LITERARIA LETRAS GALEGAS 2018 CMZ_55-2_resultado
photo_camera Gala músico literaria das Letras Galegas 2018 en Verín. (Foto: cedida).
O 17 de maio celebrarase os certames "Poesía Xosé Carlos Caneiro" e "Relato Curto Antonio Fernández"

O Concello de Verín convoca o Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez e o Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez, co fin de fomentar a creatividade literaria dos estudantes dos centros de ensino da comarca.

Os concursos celebraranse o 17 de maio no Auditorio Municipal de Verín, con motivo do Día das Letras Galegas, e asimismo, dende a casa consistorial, dan a coñecer as bases de cada concurso.

Bases dos Certames

Poderán participar persoas matriculadas en quinto e sexto de Primaria, o primeiro e segundo ciclo de Secundaria de calquera dos centros docentes da comarca de Verín, ademais os relatos curtos deberán ser orixinais, inéditos, con temática libre, escrito en galego, presentarase cun título e un lema e a extensión non superá os 5500 caracteres. 

No caso das poesías, os poemas deberán ser tamén orixinais e inéditos, de temática e estilo libre, escritos en galego e presentados cun título e un lema, sin superar os 24 versos de extensión.

Ademais, realizarase a fase de preselección segundo o criterio de cada centro participante, que poderá enviar á fase de selección un máximo de 3 relatos e poesías en cada unha das tres categorías.

Estes traballos deben entregarse antes das 12:00 horas do 7 de maio e o xurado cualificador estará composto por persoas propostas pola Concellería de Cultura e Educación do Concello, sendo as súas decisións inapelábeis.

Todas as persoas autoras dos traballos finalistas recibirán un diploma e un lote de libros, e en cada unha das tres categorías entregaranse os seguintes premios: 90 euros -o primeiro premio-, 60 euros -o segundo- e 30 euros -o terceiro-. Estes premios consideraranse compensación económica pola cesión de dereitos.

O Concello de Verín resérvase o dereito de publicación dos relatos premiados con dotación económica en calquera formato e sen límite de edicións. 

Te puede interesar