centros escolares

O Concello de Vilardevós prepara melloras no CEIP

A propia Consellería constatou que nos espazos comúns do interior do centro se rexistran temperaturas baixas

Logo de que se fixeran públicas as deficiencias de confort que presenta o colexio público de Vilardevós, o seu alcalde, Manuel Cardoso, confirmou que, tras pórse en contacto coa Delegación da Consellería de Educación, a propia xefa territorial visitou no día de onte o centro educativo para estudar de maneira conxunta as posibles solucións que dende o centro se plantexan para mellorar a comodidade dos alumnos nos espazos comúns, como poden ser a biblioteca ou o comedor. A propia consellería enviou recentemente un inspector á escola, que ben poido comprobar como nalgunhas ubicacións da escola a temperatura que se rexistraba non era a máis indicada para os cativos do municipio. 

Na visita, na que ademáis da representante da Consellería, participaron o rexedor e a directora do colexio, Rochi Nóvoa, chegouse ó compromiso de comezar algunhas das actuacións plantexadas para mellorar as condicións térmicas do edificio.

Te puede interesar