FORMACIÓN

Conclúe o primeiro ciclo de formación para os coidadores en Verín

Cruz Vermella, Concello de Verín e a Deputación Provincial están detrás do proxecto

Verín vén de clausurar o primeiro ciclo formativo dirixido a coidadores non profesionais que de forma habitual teñen a persoas dependentes ao seu cargo. Este programa formativo é un proxecto do Departamento de Servizos Sociais do Concello de Verín, en colaboración con Cruz Vermella Monterrei e a Deputación Provincial de Ourense. A encargada de pechar esta fase foi a doutora Inés Vaqueiro, quen falou da preparación cara a etapa final da vida das persoas dependentes e de todo tipo de pacientes en xeral. Un dos obxectivos desta charla foi o de dar voz e naturalidade a un tema tabú na nosa sociedade, a morte. 

Durante este primeiro ciclo tratáronse temas como o coidado ao propio coidador, os recursos dispoñibles nos Servizos Sociais, as inmobilizacións e a ergonomía, a alimentación, os hábitos intestinais, a incontinencia urinaria, as úlceras por presión, hábitos de vida saudables ou primeiros auxilios.

Te puede interesar