Conta atrás para o inicio do Entroido de Laza cos folións

laza entroidar
photo_camera A proxección de "Entroidar" de Pablo Ces.
O venres sairán da rúa Cerdeiriña sobre ás 23,00 horas co Trebón do Mildeu

Os lazanos xa están contando os días para inaugurar o Entroido de Laza de 2023. Comezará este venres coa celebración do primeiro folión, que sairá do alto da rúa Cerdeiriña sobre ás 23,00 horas. Os chocos estarán acompañadas polo Trebón do Mildeu de Albarellos. “Este ano volvemos desfrutar da cita como antes da pandemia”, explican dende a comisión do Entroido. 

Ademais, o municipio continúa coa súa programación previa ao ciclo entroideiro: “Tempo de Entroido”, que comezou a pasada fin de semana coa proxección do documental “Entroidar” de Pablo Ces. “Enchemos o local, foi moi interesante o diálogo con Pablo Ces, ao que lle entregamos un obsequio polo seu cariño co Entroido de Laza”.

As citas entroiedeiras e culturais continúan o sábado cun coloquio cos entroidos de Viana, Maceda, Cartelle e Laza, ademais da proxección da curtametraxe “Ningún Deus” da limiá Mirian Opazo. Será ás 18,00 horas no baixo do Concello. 

Te puede interesar