Axenda | Cualedro centra a programación para Nadal nos máis pequenos

lunes cualedro 2022 (2)
photo_camera Cualedro énchese do espírito do Nadal.
Os Reis Magos visitarán o municipio o 5 de xaneiro, ás 11,00 horas

O Concello de Cualedro xa ten lista a programación para este Nadal, tras dous anos a medio gas: “Estes dous últimos anos non puidemos facer nada debido ao coronavirus, por iso, este ano o collemos con moitas ganas e, o máis importante, con moita ilusión”, anota Luciano Rivero, alcalde de Cualedro.

A axenda de Nadal desta localidade está centrada nos máis pequenos. A primeira das citas será unha excursión a Pazolandia o vindeiro 26 de decembro, en conxunto co Concello de Monterrei. Xa o 30 de decembro, os nenos de Cualedro recibirán a visita do Carteiro Real, que recollerá as cartas para entregar aos Reis Magos. O evento será na Casa da Cultura de 16,00 a 18,30 horas e contará tamén con animación infantil. 

A actividade continuará xa no 2023: o 3 de xaneiro o Concello organiza unha xornada de xogos populares no recinto do CEIP Vicente Risco, onde os participantes poderán xogar aos xogos máis clásicos como as canicas, a rá ou as buxainas. Todos os cativos recibirán premios por participar e os presentes estarán invitados a unha chocolatada con churros. 

O gran día chega o 5 de xaneiro coa cabalgata dos Reis Magos, ás 11,00 horas. Cualedro é o concello máis madrugador, que tras recibir a visita de Melchor, Gaspar e Baltasar no seu núcleo principal, a cabalgata visitará todas as aldeas para saudar a todos os cativos de Cualedro.

Te puede interesar