Cualedro destinará 40.000 euros para contratar persoal

O concello tamén negocia a cesión, por parte dun particular, dun edificio do pobo para destinalo a vivendas sociais

O Concello de Cualedro presentou esta semana uns orzamentos "sociais e realistas", segundo matizou o seu rexedor, Luciano Rivero, quen asegurou que unha das principais preocupacións do Goberno que dirixe é o desemprego existente no municipio. Neste senso, o Concello de Cualedro continúa tramitando a posta en marcha do futuro parque empresarial e destinará unha cuantía de 40.000 euros á contratación de persoal -20.000 procedentes da propia Deputación de Ourense-. "Seguiremos traballando para poñer en marcha as brigadas do Aprol rural e as de incendios. Solicitaremos máis obradoiros, montaremos brigadas de obras con fondos propios e contaremos co programa de empregabilidade da Deputación provincial de Ourense cunha partida de 20.000 euros que, xunto aos 20.000 euros que aportará o Concello, farán un total de 40.000", subliñou Rivero Cuquejo. 

Durante a sesión plenaria tamén se confirmou que o Concello traballa na cesión, por parte dun particular, do edificio onde se ubica o Banco Santander para destinalo a finalidade social mediante a construcción de novas vivendas.

Te puede interesar