VIVIENDA

Cualedro investirá 360.000 euros en 5 vivendas sociais

<p></p>
photo_camera El alcalde, Luciano Rivero, con la conselleira Ethel Vázquez, atendiendo a la presentación del proyecto.

Rehabilitaranse as antigas casas dos mestres, que terán unha amplitude de 73 metros cadrados

A Conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, acompañada polo alcalde de Cualedro, Luciano Rivero e a delegada territorial, Marisol Díaz, visitou as antigas vivendas de mestres do municipio verinés que se van a rehabilitar nos vindeiros meses grazas a un investimento de 360.000 euros. A corporación local de Cualedro aprobou esta semana o prego de condicións e, unha vez adxudicada a obra, ésta terá un prazo de execución de oito meses.

Mediante esta actuación, financiada nun 86 por cento pola administración autonómica, o municipio poderá contar con cinco novas vivendas protexidas que terán tres dormitorios e 73 metros cadrados de amplitude.

"Eran unhas vivendas que estaban en estado de abandono e, grazas a este investimento, poderemos recuperar patrimonio ao tempo que contribuimos a fixar poboación no rural axudando a aquelas persoas que dispoñen de menos recursos, pois o prezo de aluguer será moi baixo", explicou o alcalde de Cualedro, Luciano Rivero.

Pola súa banda, a titular de Infraestruturas destacou este caso como un bo exemplo de cómo o entendemento entre administracións públicas "facilita unha mellor oferta de servizos públicos para os cidadáns".

O edificio de Cualedro, aínda que se atopa en estado de abandono, permite o seu aproveitamento cun custo inferior ao que suporían unhas vivendas de nova construcción, tal e como explicaron dende a Consellería.

Este tipo de actuacións están enmarcadas no Programa do Goberno Galego situado na estratexia de Rehabilitación, destinado a concellos de menos de 20.000 habitantes. É o caso de Cualedro que conta con preto de 2.000. 

Te puede interesar