vivenda

Cualedro ofrecerá pisos de alugueiro dende 50 euros

Ángeles Vázquez, Luciano Rivero Cuquejo y Marisol Díaz Mouteira en Cualedro.
photo_camera Ángeles Vázquez, Luciano Rivero Cuquejo y Marisol Díaz Mouteira en Cualedro.

A Xunta achegou 230.000 euros para acondicionar cinco vivendas

Cualedro vén de finalizar o acondicionamento de cinco vivendas nas antiguas casas dos mestres do municipio. Para tal finalidade, a Xunta de Galicia achegou 320.000 euros que se complementaron coa orde de axudas Feder, para realizar unha obra de mellora enerxética no inmoble. 

A titular de Medio Ambiente, Ángeles Váquez, desprazouse ata Cualedro para comprobar o resultado da actuación, onde foi recibida polo rexedor local, Luciano Rivero Cuquejo, e pola delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira. A conselleira destacou a importancia desta liña de axudas que, en 2019, cumprirá a súa terceira convocatoria e coa que, nos dous anos anteriores, se beneficiaron 19 concellos que rehabilitaron 41 vivendas. Neste senso, o Instituto Galego de Vivenda e Solo convocará a comezos de febreiro unha nova edición destas subvencións encamiñadas a acondicionar vivendas de mestres en concellos de menos de 20.000 habitantes e que chegarán ata os dous millóns de euros. 

O seguinte paso será a adxudicación destas vivendas, tarefa que correrá a cargo do Concello de Cualedro e para a que comezarán a redactar unha ordenanza específica. En todo caso, os ingresos dos beneficiarios destes pisos non poderán superar 2,5 veces o Indicador Público de Renda de Efectos Públicos. 

"Están pensadas para personas con pocos recursos y cargas familiares con el objetivo de potenciar la matriculación en el Colegio Vicente Risco, ubicado al lado", apuntou o rexedor de Cualedro, Luciano Rivero. "También tendrán que estar anotados como demandantes de viviendas socialesde la Xunta", engadiu. Los alquileres partirán de los 50 euros mensuales.

Te puede interesar