Emprego público

Cualedro e Oímbra buscan traballadores para os seus Concellos

Edificio cedido ao Concello de Cualedro
photo_camera Edificio cedido ao Concello de Cualedro.
Os postos son de albaneis e de administrativo

Cualedro e Oímbra están na procura de traballadores para as súas administracións.

No caso do Concello de Cualedro, acábase de publicar a convocatoria para a selección de persoal para catro albaneis oficiais de primeira a tempo completo durante 6 meses, mentres que o Concello de Oímbra busca un administrativo para o PIC -Punto de Información Catastral-, de trámites medioambientais e de arquivo 2021.

En ambos casos, os interesados terán cinco días hábiles para presentar as súas solicitudes nas respectivas casas consistoriais dende a publicación dos anuncios de emprego no Boletín Oficial da Provincia de Ourense -Cualedro publicouno onte e Oímbra o pasado martes-.

Te puede interesar