traballo social

Cualedro pide axuda para atender ás persoas con discapacidade psíquica

A Fundación que preside xestiona un centro ocupacional que abarca as áreas formativa, psícosocial e benestar físico

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo onte unha reunión co presidente da Fundación para a protección dos discapacitados psíquicos da comarca de Verín e tamén alcalde de Cualedro, Luciano Rivero Cuquejo, un encontro no que estivo acompañado da directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fabiola García.  

O obxectivo desta xuntanza era trasladarlle ao titular autonómico por parte do máximo responsable do colectivo verinense as necesidades e inquedanzas actuais das persoas con discapacidade da comarca de Monterrei.

A fundación local que preside Luciano Cuquejo Rivero xestiona un centro ocupacional no que se actúa en tres áreas: laboral-formativa, benestar físico e atención psicosocial. Deste xeito, ofrece servizos de comedor, hidroterapia, terapia ocupacional, transporte, actividades deportivas así como estimulación cognitiva e ximnasia entre outros.

Segundo sinalan desde a Consellería de Política Social, durante o ano 2017, a Xunta de Galicia está a achegar 108.977 euros para o correcto funcionamento destas instalacións, que resultan de vital importancia para os usuarios das mesmas.

Te puede interesar