elecciones

Daniel Caneiro, candidato dos socialistas en Riós

Daniel Caneiro explica que se presenta as eleccións porque "o actual alcalde leva demasiados anos no poder e chegou o tempo do cambio para Riós

O PSdeG-PSOE de Ourense confirmou na xornada de este sábado o seu terceiro candidato de cara ás eleccións municipais do próximo mes de maio na provincia. A agrupación municipal socialista de Riós elexiu a Daniel Caneiro Villarino como o seu candidato a alcaldía da localidade. Unha nota remitida polo partido indica que "o candidato chega con moitas ganas e forza de estrearse cun triunfo electoral e cun equipo de traballo moi amplo".

Daniel Caneiro explica que se presenta as eleccións porque "o actual alcalde leva demasiados anos no poder e chegou o tempo do cambio para Riós, xa que de seguir na mesma dinámica o concello afronta o camino da decadencia total".

 O futuro voceiro socialista remarcou a través da nota do partido que "hai que traballar en sectores moi importantes para Riós coma a agricultura, a gandeiría, a castañas ou o mel, ademáis de recuperar a Denominación de Orixe Monterrei para o concello".

 O candidato socialista apunta que "o concello necesita, ademáis dunha renovación dos cargos, unha transparencia total na xestión porque moita xente queixase do oscurantismo a hora de selección de plazas para optar a obradoiros ou postos de traballo”, di Daniel Caneiro.

Te puede interesar