Detido un mozo e un menor tras ser sorprendidos cando roubaban combustible a un camión

Os individuos foron sorprendidos pola Guardia Civil apoderándose do combustible dun camión que estaba estacionado na Avenida de Laza de Verín

Segundo informou o Instituto Armado, ás 3,26 horas do 1 de xullo foron detidos os cidadáns portugués M.J.P., de 29 anos de idade, veciño de Chaves (Portugal), e un menor de 16 anos da mesma veciñanza, como presuntos autores dun delito de roubo con forza.

Os individuos foron sorprendidos pola Guardia Civil apoderándose do combustible dun camión que estaba estacionado na Avenida de Laza de Verín, tras forzar o depósito.

As mesmas fontes sinalaron que, para iso, utilizaron dez garrafas que contiñan 440 litros de gasóleo. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución Número 2 de Verín.

Te puede interesar