TERMALISMO

Asinado o acordo que permitirá pór en valor o entorno de Requeixo

Sinatura do convenio para a recuperación do balneario de Requeixo_result
photo_camera Sousa Cintra, Baltar y Suárez.

A cesión temporal gratuíta destas centenarias instalacións termais e a súa contorna permitirá a recuperación e rehabilitación deste ámbito natural e a promoción da auga mineiro-medicinal do seu manancial.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asinou onte no Pazo Provincial co alcalde de Monterrei, José Luis Suárez, e co propietario de Agua de Fontenova, José de Sousa Cintra, un convenio para a cesión gratuíta da contorna do balneario e das súas instalacións, que permitirá acometer obras de mellora co obxectivo de promover o turismo termal na zona.

A cesión temporal gratuíta destas centenarias instalacións termais e a súa contorna permitirá a recuperación e rehabilitación deste ámbito natural e a promoción da auga mineiro-medicinal do seu manancial. No marco deste convenio levaranse traballos de limpeza, estabilización e conservación dos edificios, así como o mantemento e sustentabilidade do seu contorno. Tamén se realizarán labores de limpeza e recuperación do manancial de augas mineiro-medicinais, e a recuperación do antigo quiosco de agüistas.


FINANCIAMENTO PÚBLICO


A Deputación de Ourense -que asumirá o financiamento das obras- e o Concello de Monterrei levarán a cabo, ademais, a redacción dos proxectos técnicos, contratación de persoal, elaboración de paneis informativos, e iniciativas de promoción e sensibilización ambiental para a protección deste enclave termal. 

As dúas entidades reeditan así un convenio similar ao que asinou o Concello de Verín con Fontenova na vila verinense.

Te puede interesar