MÚSICA

Doce formacións participarán no Festival MUMI de Verín

As agrupacións proceden de Galicia e de Portugal e amosan a diversidade de estilos e formatos musicais dos dous territorios.

A organización do Festival MUMI de Verín vén de seleccionar a un total de 12 formacións musicais para que amosen a súa música nos "show cases" que terán lugar os días 12, 13 e 14 de marzo en diferentes puntos da vila do Támega. 

As agrupacións proceden de Galicia e de Portugal e amosan a diversidade de estilos e formatos musicais dos dous territorios.


Programación


A programación mestura novos valores e figuras consagradas en espectáculos multidisciplinares para público familiar e adulto.  Dende a organización do MUMI en Galicia, móstranse satisfeitos e ilusionados co "éxito" de convocatoria desta primeira edición da feira, que recibiu un total de 185 inscricións de proxectos musicais de gran calidade que supuxeron un grande reto para o comité de selección da feira. Na semana previa ao encontro está previsto anunciar a programación completa que incluirá un concerto de apertura.

Te puede interesar