“Dúas donas que bailan” chega a Verín o 7 de marzo

A función aborda temas sociais contemporáneos como a soidade na vellez ou a especulación inmobiliaria

A compañía Teatro do Atlántico presentará no Auditorio municipal de Verín a obra teatral "Dúas donas que bailan". Será o vindeiro día 7 de marzo, ás 20,30 horas, e as entradas poderán adquirirse en www.ataquilla.com. 


A función, protagonizada por María Barcala e María Ángeles Iglesias, está dirixida por Xulio Lago e amosa distintas e controvertidas cuestións presentes na sociedade contemporánea tales coma a soidade na vellez, o desencontro xeracional, a especulación inmobiliaria, o alzhéimer, o suicidio, a violencia no fogar, a amizade ou os soños da infancia, eso si, engadindo un punto de humor. 
A obra teatral aborda a vida dunha muller maior e viúva, que soña cunha viaxe a París e con rematar unha colección de tebeos da infancia. Resístese a abandonar o piso no que habita malia as presións dos fillos -cos que non mantén moi boa relación- e tamén da axencia inmobiliaria propietaria. Todos eles teñen outros plans para a vivenda. A filla, en tanto non consegue que a nai mude de actitude, contrata unha muller para que vaia facer os labores domésticos na casa dúas veces por semana, e choca coa protagonista.

Te puede interesar