monterrei

Dúas nenas de Verín, entre os 10 mellores en cálculo

Sara Salgado, Diana Calvo, Diego Lourenzo e Gerardo Seoane en Verín.
photo_camera Sara Salgado, Diana Calvo, Diego Lourenzo e Gerardo Seoane en Verín. (CARLOS MONTERO)

As dúas cativas competiron contra outros 41.370 participantes de diferentes países nesta competición realizada vía internet

Sara Salgado Rato e Diana Calvo, alumnas de quinto do Colexio Amaro Refojo de Verín, remataron primeira e séptima -respectivamente-, dentro da súa categoría, nos Campionatos escolares internacionais "SúperTmatik" de cálculo mental.

As dúas cativas competiron contra outros 41.370 participantes de diferentes países nesta competición realizada vía internet. En total, na derradeira edición participaron 257.250 alumnos de 45 nacionalidades e repartidos nun total de nove categorías. 

Pola súa banda, Sara Salgado, con máis de cinco segundos de diferenza sobre o subcampión, logrou revalidar, por segundo ano consecutivo, o primeiro posto. Así, a cativa foi quen de resolver as operacións matemáticas en 37,12 segundos. Diana Calvo entrou por primeira vez neste "top ten" mundial solucionando as contas en 49,03 segundos. O rexedor en funcións de Verín, Gerardo Seoane, e o tenente de alcalde en funcións, Diego Lourenzo, recibíronas no Concello.

Te puede interesar