sanidade

Eduardo Moure Conde, un actor da revolución cubana que descende de Laza

"Suporá un beneficio xeneralizado para o paciente, xa que permitirá ampliar a oferta de recursos asistenciais nos hospitais comarcais", asegurou o conselleiro de Sanidade

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, reuniuse onte con alcaldes e representantes municipais da zona de Verín para explicarlles os puntos máis salientables do anteproxecto da nova Lei de Saúde. Asistiron representanes dos concellos e Verín, Castrelo do Val, Cualedro, A Gudiña, Laza, A Mezquita, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín, Vilardevós e Vilariño de Conso.

Almuiña avanzou aos asistentes que a modificación da normativa permitirá a creación do distrito sanitario ligado ao Hospital Comarcal de Verín, que ata o de agora non contaba con área sanitaria propia. Os distritos sanitarios serán, segundo a Consellería, marco de referencia da actividade de atención primaria, hospitalaria e sociosanitaria que se establecerá arredor do hospìtal.  

"A reforma permitirá axustar a lexislación á realidade actual, coa proposta dunha ordenación territorial sanitaria distribuida en áreas sanitarias e en distritos, que serán divisións territoriais desas áreas", o que, segundo Sanidade, "suporá un beneficio xeneralizado para o paciente, xa que permitirá ampliar a oferta de recursos asistenciais nos hospitais comarcais".

Te puede interesar