Piperegrinos

Os gaiteiros, protagonistas en Verín o domingo 31 de outubro

Luis Antonio Pedraza_Zamora
photo_camera El gaiteiro Luis Antonio Pedraza, de Zamora. (Foto: cedida).
O Concello de Verín acolle, no Auditorio municipal, o encontro de destacados gaiteiros da península ibérica, a través de "Piperegrinos" da Xunta de Galicia

O Concello de Verín acollerá o vindeiro domingo 31 de outubro, ás 12,00 horas, no Auditorio de Verín, o encontro de destacados gaiteiros da península ibérica a través do acontecemento "Piperegrinos", un encontro de destacados gaiteiros de España e Portugal que actuarán nun total de oito vilas galegas entre o pasado 23 de outubro e ata o 31 do mesmo mes. 

Promovido pola Xunta de Galicia no marco da celebración do Xacobeo 2021-2022, trátase dun espectáculo musical itinerante que por primeira vez reúne no mesmo escenario a destacados gaiteiros da Península Ibérica cunha longa e recoñecida traxectoria artística profesional. 

"Piperegrinos, as gaitas do Camiño" resalta a importancia da gaita como instrumento representativo das culturas europeas ao tempo que invita aos espectadores a unha viaxe sonora a través das diferentes gaitas ibéricas, coas que representar o importante intercambio cultural que se produciu nos distintos camiños de peregrinación a Santiago. 

245072768_104094725393921_6950168497707445357_n

Trátase,a demais, dun espazo de difusión e posta en valor das diferentes gaitas ibéricas e dos seus repertorios nun formato actual achegado á música folk e dirixido a todos os públicos, no que tamén ten cabida o público especializado.

Neste sentido, este acontecemento situará a Galicia como punto de referencia do encontro e convivencia das gaitas ibéricas, que potencia a presenza de gaiteiros galegos e foráneos na escena musical do noso país e propicia sinerxías e alianzas para futuras colaboracións artísticas.

Artistas

O programa Piperegrinos inclúe a participación de seis intérpretes de gaita que actuarán en formacións trío e dúo, coa participación de 17 músicos.

Os gaiteiros que intervirán neste acontecemento son Francesc Sans, co instrumento sac de gemecs, de
Catauña, acompañado de Manel Martorell, mandola, e Titus Prats, percusión; Adrián Gil, coa gaita de boto, dese Aragón, acompañado de Alberto Navas, violín, e Serchio Pardos, guitarra, percusión; José Manuel Tejedor, coa gaita asturiana, desde Asturias, acompañdo de Richard García, teclado, e Daniel Álvarez, bouzouki, bodhran.

Tamén Luis Antonio Pedraza, con gaita sanabresa, desde Castela e León,acompañdo de Carlos Beceiro, guitarra, e Miguel Mateos, tambor sanabrés; Tiago Morais, intérprete da gaita mirandesa e gaita de sesimbra, desde Portugal, acompañado de Tiago Marques, acordeón e cavaquinho; e Oscar Ibáñez, gaita galega, de Galicia, acompañado por Xosé Li,- bouzouki- e Andrés Vilán – caixón-.

Te puede interesar