Cultura

O Entroido de Laza amosarase no Festival de Verín

fdsagf_resultado
photo_camera Un fragmento do documental.
Será coa a exhibición dun avance do documental Entroidar, un proxecto que está a dirixir o santiagués Pablo Ces e que se centra na celebración desta festividade no municipio de Laza

O Festival Internacional de Curtas de Verín, o FIC Vía XIV, terá cor de Entroido por medio dunha das actividades paralelas que prepara a organización do evento: a exhibición dun avance do documental Entroidar, un proxecto que está a dirixir o santiagués Pablo Ces e que se centra na celebración desta festividade no municipio de Laza. A peza audiovisual aséntase en tres piares específicos: as personaxes que fan posible o Entroido, os lugares nos que se desenvolve e a propia festa. 

Tal e como salientou o seu director, enxeñeiro técnico Informático de Sistemas e licenciado en Comunicación Audiovisual, o documental "busca tumbar mitos" e céntrase moi especificamente no Entroido de Laza. Neste municipio ourensán, o Entroido non só se estende durante cinco días senón que comeza a principios de cada ano, cando os chocos inician o ruxir pola contorna. "Queremos ver como se transforman as persoas que están detrás das personaxes que se dan no Entroido", asegurou Pablo Ces.

O documental, en proceso de realización, non consiste só en  declaracións, senón que realiza un seguimento de diferentes referentes desta celebración e afonda nas súas vidas e no que significa a festividade para eles. A condución da historia no documental está a cargo dun "consello de sabios" que conversan entre eles.

Te puede interesar