SEGURIDAD VIAL

Cativos de Verín móvense pola seguridade viaria

Los escolares, en las jornada sobre educación vial en Verín.
photo_camera Os alumnos puideron coñecer de preto o helicóptero Pegasus da Dirección Xeral de Tráfico.

Alumnado do Colexio María Inmaculada participou nunha ruta ciclista

Máis dun centenar de alumnos do colexio verinés María Inmaculada participou nunha marcha ciclista, ademais de en actividades enmarcadas dentro da materia optativa de Mobilidade sostible e segura que lle imparten os mestres do centro escolar. Trátase da primeira asignatura específica de mobilidade e educación viaria, única en España, e desenrolada en Galicia pola Dirección Xeral de Tráfico e a Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

Os cativos de segundo curso da ESO, escoltados pola Guardia Civil de Tráfico, percorreron as principais rúas do municipio sobre as dúas rodas e, ao finalizar o paseo, leron un manifesto da praza García Barbón de Verín a prol da mobiliade sostible e non contaminante. Os menores tamén presenciaron no patio do colexio a aterraxe do helicóptero Pegasus da Dirección Xeral de Tráfico en Galicia. O acto contou coa presenza do subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González; o xefe provincial da Dirección Xeral de Tráfico, David Llorente, representantes municipais, e outros dos corpos e forzas de seguridade.

Te puede interesar