Incendios

Controlado o lume iniciado este martes en Vilardevós

Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 46 hectáreas de monte raso. Nos labores de control deste incendio levan participado 3 axentes, 14 brigadas, 7 motobombas e 1 pa.

A Consellería do Medio Rural informa de que ás 13,15 horas deste mediodía quedou controlado o lume rexistrado no concello ourensán de Vilardevós, parroquia de Terroso, que se iniciaba onte ás 20,31 horas.

Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 46 hectáreas de monte raso. Nos labores de control deste incendio levan participado 3 axentes, 14 brigadas, 7 motobombas e 1 pa.

Te puede interesar