MONTERREI

Estudantes da UNED coñecen a historia do viño

20190516184217008_result
photo_camera O grupo de alumnos nas instalacións verinesas.

o Museo Claustro Mercedario acollerá a visita de tres equipos de baloncesto adaptado, un procedente de Chaves e os outros dous, galegos

Alumnado da Universidade Nacional de Educación a Distancia achegouse ata as instalacións do Museo Claustro Mercedario de Verín para coñecer de preto as súas instalacións. Alí disfrutaron dunha visita guiada polas coleccións permanentes que amosan os primeiros contactos do Val de Monterrei coas civilizacións mediterráneas. A mostra tamén recolle a historia do licor café ou o viño. 

A visita estudiantil súmase á que protagonizaron 51 veciños da vila de Cangas, que chegaron a Verín nunha viaxe organizada e que tamén coñeceron estas instalacións. 

Con motivo do Día Internacional dos Museos, que se celebrará este sábado, día 18 de maio, o Museo Claustro Mercedario acollerá a visita de tres equipos de baloncesto adaptado, un procedente de Chaves e os outros dous, galegos. Esta data sinalada celébrase en todo o mundo co obxectivo de coñecer o labor divulgativo e de formación que realizan estas institucións. Neste senso, o ano pasado participaron con diversos actos case 40.000 museos en 158 países. No de Verín tamén se pode coñecer máis sobre as aves de Galicia e a Bolboreta Monarca.

Te puede interesar