Colaboración institucional

A Eurocidade aposta polos proxectos europeos

20210622Eurocidade20202.jpg_web
photo_camera O director xeral de Relacións Exteriores, diante dos asistentes á xuntanza.

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou no peche do proxecto Eurocidade 2020 na Eurocidade Chaves-Verín, onde destacou o traballo levado a cabo no marco do proxecto. 

Resaltou que os proxectos presentados por Chaves - Verín foron asumidos pola Xunta que enviou ao Goberno Central para a súa consideración no Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia. Os proxectos teñen que ver coa movilidade, medio ambiente, turismo, aguas termais ou innovación, entre outras, segundo destaca a Xunta.

A institución galega “apoiou o proxecto ao estar inserido nas grandes propostas europeas, en sintonía coa Estratexia Europa 2020, coa finalidade de potenciar a cooperación transfronteiriza como elemento xerador do crecemento económico intelixente, inclusivo e sostible”. Ademais, a Eurociudade Chaves-Verín, “é unha ferramenta da cooperación de proximidade apostando polos cidadáns, en especial, a mocidade”, tal e como se puxo de manifesto no encontro.

Te puede interesar