MÚSICA

A Eurocidade Chaves Verín analizará o traballo musical

"Un día ao redor da música" arranca mañán e servirá para que mellorar a integración da mocidade da eurocidade

O local de ensaios da Oficina Transfronteiriza de Información Xuvenil da Eurocidade Chaves Verín será o escenario escollido para celebrar a actividade "Un día ao redor da música". Será mañán sábado e celebrarase no local de ensaios da Oficina Transfronteiriza de Información Xuvenil da Eurocidade Chaves-Verin, na avenida de Portugal, Feces de Abaixo no antigo edificio aduaneiro.

Así o anunciou onte o Concello de Verín, que sinala que "dita iniciativa ven organizada pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, no ámbito do proxecto Eurocidade_2020". A institución engade que esta acción ten como obxectivo consolidar a Eurocidade Chaves-Verín "como ferramenta de integración Europea e de desenvolvemento sostible, neste caso, reunindo a mozos e mozas nunha tarde na que a música será a protagonista". 

Os asistentes poderán participar na mesa redonda "Factor Pitching: un encontro con profesionais" e contemplar as actuacións de diferentes grupos musicais. A entrada será de balde ata completar aforo. Os horarios das actividades que se levarán a cabo son os seguintes. Segundo programa que está previsto, ás 16.00 horas haberá unha mesa redonda "Factor Pitching: un encontro cos profesionais", coa intervención dos xornalistas Xosé M. Rodriguez e Marta Gómez, así como Nonito Pereira, de Mondosonoro, ou Salva Ronco, de Maketon Radio Vigo. Ás 17.30 haberá actuacións musicais de Neiz, Laura Gándara,  Maricio David e Manuel Mateus Quintas.

O Concello de Verín salienta que a actividade está organizada no ámbito do proxecto Eurocidade 2020, aprobado polo Programa Interreg V–A España-Portugal, coa cofinanciación dos fondos Feder. 

Te puede interesar