COLABORACIÓN INSTITUCIONAL

A Eurocidade Chaves Verín xestionará o Clube da Auga do Eixo

eurocidade_result
photo_camera Nuvo Vaz, no centro, presidiu a quinta reunión de traballo do Foro Termal.

A sede do AECT Eurocidade Chaves-Verín acolleu a quinta  reunión de traballo do Foro Termal do Eixo Atlántico.

A sede do AECT Eurocidade Chaves-Verín acolleu a quinta  reunión de traballo do Foro Termal do Eixo Atlántico. A cita estivo presidida por Nuno Vaz, presidente do Forum Termal e presidente do AECT Chaves-Verín. Participaron, ademais dos representantes da Eurocidade Chaves–Verín, delegados das cidades de Lugo, Carballiño, Caldas de Reis, Santa María da Feira e Guimarães. O Foro Termal do Eixo Atlántico está a levar a cabo accións para a promoción de hábitos biosaudables, a investigación en colaboración con universidades, a promoción conxunta dos destinos termais, captación de recursos de financiamento con programas e planos europeos ou a formación e visibilidade dos recursos propios, tanto termais como históricos e patrimoniais.

Para poder seguir a traballar nesta liña, durante a reunión abordáronse, entre outros, a creación dunha guía do termalismo da Eurorrexión, que estará lista no inicio do outono e que está a ser coordinada polo Concello de Ourense. Ou tamén a posta en marcha dun Clube da Auga, co obxectivo de favorecer a compra de augas de excelencia da Eurorrexión, así como ofertas termais e promocións das cidades. Tamén se propuxo elaborar un inventario das necesidades do termalismo, que serán trasladadas aos gobernos rexionais, nacionais e á Unión Europea.

Te puede interesar