A Eurocidade explica en Bruxelas os seus atrancos

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Eurocidade Chaves-Verín foi convidada pola Comisión Europea a participar esta semana, en Bruxelas, na segunda reunión anual de expertos Europeos en Cooperación Territorial.

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Eurocidade Chaves-Verín foi convidada pola Comisión Europea a participar esta semana, en Bruxelas, na segunda reunión anual de expertos Europeos en Cooperación Territorial. Á reunión, organizada pola Dirección Xeral de Política Rexional da Comisión Europea, foron convidadas un reducido número de AECTs europeas que lideran procesos de integración de proximidade. Tal é o caso da AECT Chaves–Verín, que dende 2008 ven traballando de forma intensa na xestión compartida de servizos públicos tales como: turismo, termalismo, medio ambiente, deporte, cultura ou educación.

BARREIRAS LOCAIS

En concreto, no caso da Eurocidade Chaves- Verín existen barreiras -trasladadas no foro ó que asistiron os seus representantes- que dificultan a posta en marcha dun transporte urbano aduaneiro, a xestión hospitalaria conxunta, a creación de servizos de emerxencias conxuntos ou a convalidación de títulos de ensino non universitario, entre outros.

Te puede interesar