A Eurocidade formará en eficiencia ó empresariado

No evento, que dará comezo ás 10,30 horas, farase unha presentación do proxecto e detallaranse as labores de Ecoinnovación que se prestarán ás empresas.

Verín organiza o día 5 de xullo na súa sede en Feces de Abaixo (antiga Aduana) unha Xornada Informativa sobre o proxecto "Low Carbon Innovation", enfocado ao desenvolvemento sustentable para Pemes (Pequenas e medianas empresas)e emprendedores. No evento, que dará comezo ás 10,30 horas, farase unha presentación do proxecto e detallaranse as labores de Ecoinnovación que se prestarán ás empresas. Trátase dun programa totalmente gratuíto dirixido a Pemes tanto portuguesas como españolas, que queiran incluír melloras ecoeficientes na súa actividade. A duración do curso é de 10 horas de asesoramento e 5 horas máis de seguimento remoto.

Te puede interesar