F0RMACIÓN

A Eurocidade formará a emprendedores nas novas canles

Os participantes coñecerán as novas tendencias referidas á comunicación, marketing, e-commerce, así como a outras áreas-chave do sector de servizos, como poden ser o turismo e hostalaría

A Eurocidade Chaves-Verín, en estreita colaboración coa Fundación Galiza Europa, vén de anunciar o comezo dunha acción formativa que decorrerá entre os días 28 de novembro e 2 de decembro, coa que se pretende ofrecer ós inscritos formación práctica e teórica sobre o emprendedorismo e o vencellamento do mesmo ó actual desenrolo tecnolóxico.

Os participantes coñecerán as novas tendencias referidas á comunicación, marketing, e-commerce, así como a outras áreas-chave do sector de servizos, como poden ser o turismo e hostalaría. Serán abordados temas como a reformulación dos negocios adaptándoos ás novas formas de consumo e as dificultades para promover novas oportunidades nestes sectores. O curso forma parte da actividade “ Eurocidade Intelixente: innovación, emprendimento e internacionalización como piares de xeración de emprego e riqueza”, coa finalidade de capacitar emprendedores, desempregados e empresarios da Eurocidade para a creación dos seus negocios, a cooperación entre empresas e empresarios, ou ben para satisfacer a procura de profesionais do mercado.

Terá lugar na sede da Eurocidade e durará 36 horas, repartidas dende ás 10 ás 14 e das 16 ás 20, cos sábados de 10 á 14. A formación é gratuíta e está destinada a todo tipo de poboación. A inscrición en [email protected].

Te puede interesar