MONTERREI

A Eurocidade terá un plan termal para coidadores

Poderán solicitar a axuda dun voluntario para que atenda aos dependentes nas sesións termais

A Eurocidade terá un plan termal para coidadores

Os programas de termalismo social promovidos para o presente ano 2019 pola Eurocidade Chaves Verín, en colaboración coa área de Servizos Sociais do Concello verinés, incluirán un apartado de Voluntariado Social dirixido aos coidadores de persoas en situación de dependencia que participen nas sesións termais. Neste senso, o coidador poderá solicitar a axuda dunha persoa voluntaria para que se encargue destas persoas en situación de dependencia durante o tempo que duren as sesións termais, simplemente adxuntando o documento de inscrición. 

Tal e como explican dende o Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial da Eurocidade -AECT-, o obxectivo que se procura é que estes coidadores teñan unha axuda para que poidan disfrutar dos programas termais sen preocupacións e para poder recuperarse física e psicolóxicamente do labor inherente ao coidado dun maior en situación de dependencia.

Entre os requisitos para poder solicitar este programa están ser maior de 60 anos ou ser coidador de persoas en situación de dependencia. Ademais, será necesario ser residente na Eurocidade Chaves-Verín ou na área de influencia do Alto Támega -Oímbra, Monterrei, Cualedro, Castrelo do Val, Laza, Valpaços, Montalegre, Boticas, Va Pa de Aguiar e Ribeira de Pena-. 

Haberá varios periodos dispoñibles para inscribirse no programa. O vindeiro prolongarase dende o 29 de abril ao 10 de maio.n