FEIRA DE VERÍN

Os expositores puntúan baixo as vendas da Feira

As enquisas realizadas tamén preguntaban aos expositores que se achegaron ata Verín o esta fin de semana por unha serie de cuestións vinculadas ao recinto feiral

O Concello de Verín, a través da concelleira de Turismo, Purificación Caldelas, realizou un balance dos resultados da segunda edición da Feira de Outono de Verín que se celebrou, durante os días 19 e 20 de novembro, na Praza Maior.


Baseándonos no cuestionario realizado polo Concello de Verín aos expositores participantes, o resultado é que a totalidade dos enquisados (25 dos 27 postos expositores), e pese as inclemencias meteorolóxicas sufridas durante a feira, a maioría dos participantes dan un aprobado ás vendas e o 90% dos mesmos volvería a participar no evento.


As enquisas realizadas tamén preguntaban aos expositores que se achegaron ata Verín o esta fin de semana por unha serie de cuestións vinculadas ao recinto feiral entre as que se lle preguntaba a súa valoración, puntuando de 1 a 10 sobre: as instalacións (8,77), as ventas (6,08), os stands (8,56), a ubicación (9,44), o horario da feira (9,20), o magosto popular (9,04), o sorteo da cesta (9,39), as actividades complementarias (8,40), a limpeza (8,24) e a música (8).

Te puede interesar