A Feira do Viño, "un éxito total e absoluto"

photo_camera Os grupos de amigos no faltaron na tarde de onte no recinto feiral.

O fin de festa desta undécima edición estivo a cargo do grupo A Roda. Na mañá de onte xa se superaran os tíckets vendidos na edición anterior

O derradeiro día desta XI Feira do Viño da D.O. Monterrei superou todas as expectativas. Favorecido polo feito de ser domingo, as case- tas e postos colocados na Alameda volvéronse encher de veciños e visitantes degustando os caldos da co- marca e maila gastronomía do país.

A falta de coñecer os datos ofi- ciais e definitivos sobre o número total de asistentes ou de tíckets de degustación vendidos pola organización, a presidenta do Consello Regulador, Asunción Rodríguez, fai un balance "máis que positivo". "Antes de que remate a noite xa podemos afirmar que este ano foi un éxito total e absoluto", afirmaba onte.

Onte pola mañá xa se superaran o número total de degustacións vendidas en toda a feira na súa anterior edición (unhas 14.000). A isto hai que sumar as botellas e produtos que a xente mercou nos diferentes stands, onde subiu notablemente a recadación.

En canto á ocupación hoteleira, na vila xa era do 100% unha semana antes de que comezara esta cita, e mantívose en torno ao 90% na totalidade da comarca montederrense.

Onte pola noite, a praza García Barbón volveuse encher de boa música coa actuación do grupo galego A Roda, que despediu do mellor xeito a máis multitudinaria edición que se lembra desta cita ineludible do agosto verinense.

Te puede interesar