Monterrei

A Feira de Nadal de Verín será os vindeiros 7 e 8 de decembro

Unificarase coa Feira de Outono, que tivo que ser aplazada por mor do mal tempo que se agarda para a fin de semana

A quinta edición da Feira de Nadal de Verín celebrarase os vindeiros días 7 e 8 do mes de decembro. Será na Praza do Concello e estará centrada, nesta ocasión, na temática máis navideña.

O Consistorio verinés vén de abrir o prazo para que todos os expositores interesados en instalar unha caseta poidan facelo xa nas oficinas da planta baixa do edificio municipal. Un dos requisitos fundamentais que terán que cumprir para poder montar o expositor será enviar a organización as ideas e propostas do seu produto, así como a decoración que levará a súa caseta. É importante, segundo sinalaron dende o Concello, que os expositores amosen e se comprometan con produtos ambientados na temática navideña, elaborando cestas de Nadal e embalaxes, luces, envases ou envoltorios típicos destas datas. 

O evento coincidirá en lugar e data coa Feira de Outono, que tivo que ser aprazada por mor do mal tempo e das choivas que se anunciaban para finais da semana pasada.

Te puede interesar