Breve

Femuro amosará a súa cara máis solidaria no Nadal

A Federación de Mulleres Rurais de Ourense -que ten a súa sede en Verín- desenvolverá, ao longo das vindeiras semanas e con motivo do Nadal, varias iniciativas e actividades, algunhas de elas, de carácter solidario. Entre os días 18 e 23 de decembro celebrarase o "Troco-Nadal" no que será posible adquirir productos do mercadiño da asociación aportando cartos ou, pola contra, alimentos non perecedeiros. Ademais, os días 28, 29 e 30 de decembro, e 4 e 5 de xaneiro haberá actividades infantís de Nadal entre as 10,00 horas e as 14,00 horas. A federación tamén fará unha recollida solidaria de libros, xoguetes e obxectos de regalo ata o vindeiro 14 de decembro.n

Te puede interesar