Femuro celebra en Lugo o XIX Foro da Igualdade

sede Femuro en Verín
photo_camera Sede de Femuro en Verín. (Foto: C.C.).
A cita será este domingo, a partir das 10,00 horas

A Federación de Mulleres Rurais de Ourense (Femuro), con sede en Verín, celebrará mañá o seu XIX Foro da Igualdade, un acontecemento que este ano terá como escenario a cidade de Lugo, concretamente o Hotel Méndez Núñez. 

O tema sobre o que xirará este ano a cita será “Vidas traficadas. Trata de persoas con fins de explotación sexual”. A xornada comezará ás 10,00 horas da man de Isabel Garrido, presidenta de Femuro, e Susana López Abella, secretaria xeral de Igualdade. Tras isto, Adriana Cardozo, unha muller supervivente, falará sobre a historia da súa vida. 

Tras unha pausa, porase sobre a mesa o tema da explotación sexual como unha realidade, da man de Aser Moreiro, destinado na Sección de Investigación Criminal da Garda Civil de Ourense. A cita culminará coa presentación do libro “Adolescente utopía”, de María Luz Pascual.

Te puede interesar