EVENTO

Femuro organiza a Feira da Violeta no patio do colexio da Merced

Femuro colaborou, nesta ocasión, co equipo de apoio á biblioteca do colexio Amaro Refojo, o colexio Apostólico da Merced, e a Secretaría Xeral da Igualdade

A segunda edición da Feira da Violeta que promove a Federación de Mulleres Rurais de Ourense (Femuro) celebrarase os días 28, 29 e 30 de maio no patio do Colexio da Merced. 

Femuro colaborou, nesta ocasión, co equipo de apoio á biblioteca do colexio Amaro Refojo, o colexio Apostólico da Merced, e a Secretaría Xeral da Igualdade. 

A mostra amosa o traballo realizado polo alumnado de Educación Infantil e Primaria do CEIP Amaro Refojo e o de educación secundaria do colexio Apostólico A Merced , no que se visibilizan diversas mulleres importantes no eido das artes gráficas. 

O principal obxectivo é, segundo explican dende a Federación de Mulleres Rurais de Ourense, que o alumnado coñeza e teña referentes femeninos en todos os ámbitos, visibilizando o traballo das mulleres ao longo da historia. 

O horario de visitas será libre para o público en xeral e prolongarase durante os martes, mércores e xoves. As persoas interesadas poderán achegarse entre as 18,00 horas e as 20,00 horas.

Te puede interesar