8M

Femuro Verín dá por iniciada a súa campaña polo 8M, Día da Muller

Verín 1/3/20
Manifestación feminista en verín

Fotos Martiño Pinal
photo_camera Foto de arquivo da manifestación feminista en Verín do 1M. (Foto: Martiño Pinal).
"Hortas pola Igualdade", a nova campaña de Femuro de cara ao 8M

A Federación provincial de Mulleres Rurais de Ourense -Femuro- en Verín comeza a súa campaña polo Día Internacional da Muller, o 8M.

Ante a situación sanitaria actual que estamos vivindo, dende esta entidade potencian a campaña en redes, con retos, vídeos e a interacción a través das plataformas dixitais.

A primeira das iniciativas impulsadas por Femuro de cara ao 8M chega baixo o título "Hortas pola Igualdade". Esta iniciativa consiste en decorar con motivos do 8M ou violetas as hortas, xardíns, árbores, plantas, etc.

Dende a Federación animan a aqueles que queiran participar a seguir os pasos e sacar unha fotografía para publicala posteriormente nas súas plataformas dixitais.

Ademais, dende Mulleres Rurais de Verín levarán aos centros educativos -entre eles o CEIP Amaro Refojo de Verín- propostas didácticas e promoverán un vídeo co nome "cultivando igualdade", que se realizará coas diferentes asociacións de mulleres rurais da contorna, e que se poderá visualizar o 8 de marzo.

Te puede interesar