"Mulleres que contan": a actividade de Femuro que crea grupos de confianza entre mulleres

femuro2_resultado
photo_camera Foto de archivo dun mercadillo solidario no verán na sede de Femuro en Verín.
Dende Femuro están organizando novos grupos para comezar proximamente

A Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense -Femuro-coa súa sede en Verín, está a organizar un programa para o desenvolvemento de habilidades sociais, baixo o nome "Mulleres que contan".

Esta actividade, realizada a través dun convenio coa Secretaría Xeral de Igualdade, ten como meta conseguir un espazo cómodo entre grupos de catro ou cinco mulleres.

Jane Liz, traballadora de Femuro, é a encargada de contar un conto ou unha historia. "La idea es que esto nos evoque a algo, que nos enseñe y nos haga reflexionar", así, crean un grupo de confianza no que mellorar, a través de actividades, aquelas carencias que poidan existir, "como la empatía, la superación de límites o la autoestima", remarca Liz.

Este proxecto realízase todos os anos, e debido á situación sanitaria foi complicado desenvolvelo este ano: "al ser muchas de pueblos de cerca de Verín era difícil organizarnos por el tema de la movilidad", contaba Liz. 

Ahora, dende Femuro están organizando novos grupos para retomar a actividade e crear así, grupos de apoio entre mulleres.

Te puede interesar